viernes, 17 de mayo de 2013

Presumir de Letras Galegas

Viñeta de Luis Davila.


Un día especial para as letras, máis concretamente para as galegas. Hoxe, 17 de maio, Galicia celebra a festa da súa lingua, malia que todos os días dos anos debemos defender e falar a nosa lingua, sentirnos orgullosos do que nos caracteriza como poboación e do que nos enriquece. 

En 1963 os académicos galegos Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego propuñan esta data como festividade do "Día das Letras Galegas" ao celebrarse ese ano o centenario de Cantares Gallegos, obra de Rosalía de Castro considerada "a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a darlle prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria, sendo tamén un fito decisivo na historia da renacenza cultural de Galicia", segundo consideración destes membros da Real Academia Galega. Con isto queríase consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. E foi precisamente Rosalía de Castro a primeira homenaxeada á que continuarían outras figuras senlleiras da cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia. 

Desde 1991, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. Neste día desenvólvense numerosos actos na labor de dar a coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada, así como conmemorar todo o que rodea á nosa cultura. 


Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor, é o homenaxeado deste ano. Está considerado o gran artífice da modernización e a profesionalización do teatro galego e na lingua propia de Galicia. Participou activamente na creación do Centro Dramático Galego en 1984. Precisamente o venres pasado en Tui tiven oportunidade de ver representada por esta compañía a obra Días sen Gloria, do propio Vidal Bolaño, protagonizada por Manuel Manquiña e Eva Soto. 




No ano 1985 nacía a Televisión de Galicia, e con ela as primeiras industrias audiovisuais da nosa comunidade (entre elas, a da dobraxe de películas ao galego). Roberto Vidal Bolaño participa así como actor, director de sala e director artístico da productora CTV-Galaxia neses primeiros pasos. Máis que un medio de vida, atopa neste labor profesional e artístico un proceso de normalización cultural e lingüística que empeza a pilotar a TVG, ao emitir a totalidade da súa programación en galego. Participou tamén como actor na serie Mareas Vivas. Ademais, a súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos. 

Como galegofalante, este non é máis que un día para presumir de galego, de lingua e cultura propias, algo que temos que facer todos os días. O galego é unha das linguas oficiais da nosa comunidade e como tal temos que conservala e evitar a súa perda, non avergoñarnos dela. Ler, escribir, pensar, comunicarnos... por que non en galego?

Camiseta do Concello de Tomiño para festexar o Día das Letras Galegas en 2011.
Camisetas conmemorativas.






FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

4 comentarios:

  1. Feliz día das letras galegas!!!

    Eu non teño costume de falar galego no cotidiá e iso non quere dicir que me avergoñe dela, pero estou dacordo contigo en que temos que escribir, pensar, ler... con ela para que permaneza con nos e coas futuras xeracións!!!

    Un bico Ana,
    Sandra von Cake

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Feliz día Sandra!!!
      Si, todos temos que poñer da nosa parte para expresarnos en galego. Eu son galegofalante, pero adáptome ao castelán, como ben sabes. Temos que conseguir que os castelanfalantes tamén se pasen ao galego e o adopten de vez en cando.
      Unha aperta grande!
      Muaks

      Eliminar
  2. ¡Enhorabuena! ¡Has sido nominada al Best Blog Award! :)
    http://unchooplaeneldesierto.blogspot.com/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por la nominación Lara!!
      Aunque últimamente no le dedico todo el tiempo que quisiera al blog, es gratificante saber que hay gente que lo valora. Así que de nuevo gracias!!!
      Echaré un vistazo al tuyo.
      Muaks

      Eliminar